sábado, 30 de noviembre de 2013

28.ª FRASE CÉLEBRE



Hoxe, venres 29 de novembro, celebramos o "Día das Librerías" así que esta semana déixovos unha imaxe que vale máis que mil palabras...

A quen non lle gustaría visitar esta librería??? 
                                         
                                           Cantos segredos esconderá???


jueves, 28 de noviembre de 2013

SORPRENDENTEST DE... YAGO RODRÍGUEZ MUÑIZ

1. Lembras quen te ensinou a ler? 
Meus pais e os mestres do colexio.
 
2. Cal é o teu libro favorito? 
Las mil y una noches y El diario de Greg. 

3. Agora estás a ler... 
EL diario de Greg 2.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Pinocho, porque lle medra moito o nariz e ten un final moi bonito. 

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…) 
Cambiaríalle o final a Os tres porquiños; o lobo comería aos tres porquiños. 

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura. 
Se les e estás moi concentrado, é como se estiveses dentro do conto. 

Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana? Seguro que si, así que aquí tedes a pista:

É UN NENO QUE SEMPRE ESTÁ MOI...

L         E         D        O

lunes, 25 de noviembre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: BICOS DE PRATA

Esta semana recoméndovos BICOS DE PRATA, un conto dunha escritora galega, Fina Casalderrey, que relata a historia de Rita, unha nena que acaba de ter un irmán chamado Marcos. Dende que este saíu da barriga de súa nai, as cousas cambiaron para toda a familia. 

Bicos de prata 
Autora: Fina Casalderrey
Ilustraciones : Manuel Uhía
Col. Elefante Contacontos, 8. Ed. Ir Indo. Vigo, 1999

SIPNOSIS:
Rita é unha nena de poucos anos que ve como cambia a súa vida coa chegada dun irmanciño novo. Agora as cousas xa non son as mesmas na súa familia, os problemas non deixan de aparecer. Coa axuda do seu amigo Pedro tentará solucionalos ó seu xeito para que na casa volvan aparecer os aloumiños e os bicos que ela máis desexa, os bicos de prata.

sábado, 23 de noviembre de 2013

27.ª FRASE CÉLEBRE

Como xa sabedes, neste curso escolar estamos a traballar "Os comics", asi que esta semana propóñovos  unha frase moi intelixente do noso amigo Mortadelo.

Espero que vos guste!!!!

jueves, 21 de noviembre de 2013

SORPRENDENTEST DE... DAVID MUIÑOS FIGUEROA

1. Lembras quen te ensinou a ler? 
A profesora Lucía, miña nai e meu pai. 

2. Cal é o teu libro favorito? 
El asesinato del profesor de matemáticas.

3. Agora estás a ler... 
Orión e os animais magos. 

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que? 
Os  tres porquiños. Gústame o final porque o lobo remata abrasado. 

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…) 
El asesinato del profesor de matemáticas. Cambiaría os persoaxes do conto polos alumnos  de  5º de primaria. 

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura. 
Aínda que un libro non teña debuxos non quere dicir que sexa aburrido. 

Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana? Seguro que si, así que aquí tedes a pista: 

É o nome de Santiago pero máis abreviado............................
A pensar.......

lunes, 18 de noviembre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: EL MISTERIO DE LA FLAUTA MÁGICA


Comezamos a semana cun libro de intriga: El Misterio de la Flauta Mágica, no que os investigadores son.... unha galiña chamada Cloti e un coello chamado Matías  Plun.

TítuloEl misterio de la flauta mágica
lustradorEmilio Urberuaga
Edad recomendada: Mais de 8 anos 
SIPNOSIS: No teatro de Villa Cornelia cunde o pánico: o público sae “desplumado” tras unha representación operística. Pero o máis estraño é que ninguén se dou conta. Non se sabe nin cando nin como pasou. Quizais estaba o público demasiado distraído?






¡¡¡¡ANIMÁDEVOS A LELO. É MOI MOI INTRIGANTE!!!!!



          ¡¡¡¡¡MIRADE QUE ILUSTRACIÓNS!!!!!!!!!!!

jueves, 14 de noviembre de 2013

SORPRENDENTETEST DE... VÍCTOR TRONCOSO GUIANCE


1. Lembras quen te ensinou a ler?
As profesoras: Lucía, Cristina, Sofía e Maricarmen. 

2. Cal é o teu libro favorito?
Jerónimo Stilton.
 


3. Agora estás a ler...
As viaxes de Gulliver. 

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Os de Micki Mouse, porque son moi divertidos.  

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaría moitos, non un en particular. 

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Hai que ler moito para aprender moitas cousas interesantes. 

Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana? Seguro que si, así que aquí tedes a pista:
 
Hai dous cantantes que quedaron finalistas nun concurso de televisión ...... que son moi famosos e que levan ese nome......
Pensade!!!......


lunes, 11 de noviembre de 2013

RECOMENDACION LECTORA: TRES PRINCESAS NAMORADAS

Esta semana  recomendámosvos un libro moi divertido e singular: Tres princesas namoradas, no que tres irmás se namoran dun cabaleiro. Queredes saber o final?...pois xa sabedes, a lelo!

TRES PRINCESAS NAMORADAS
Ánxeles Ferrer/Ilustracións de Ánxeles Ferrer
Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2006 
Sinopse: Aldonza, Fabiana e Drusila namoraron no cabaleiro Bernal... E el namorou das tres irmás. Vaia problema! Tecendo e destecendo, chegarás a un final para ser feliz e comer perdiz.

viernes, 8 de noviembre de 2013

25.ª FRASE CÉLEBRE

A frase desta semana é de José María Albino Vasconcelos un avogado, político, escritor, educador, funcionario público e filósofo mexicano firme defensor da educación e do intercambio educativo e cultural.


Espero que vos guste.








jueves, 7 de noviembre de 2013

SORPRENDENTEST DE... SAMUEL AROSA VARELA


1. Lembras quen te ensinou a ler?

A miña nai e o meu pai

2. Cal é o teu libro favorito?

El diario de Greg 2.

3. Agora estás a ler...
Juan Plata

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Don   Quijote , porque é moi divertido  e ocorren moitas aventuras.
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Fieras Futbol Club.Cambiaría o sitio é o lugar.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Cando  lemos temos que prestar atención e compreneder o que estamos lendo.

Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana? Seguro que si, así que aquí tedes a pista:
Gústanlle moito os trompos  o futbol e as gominolas...........

miércoles, 6 de noviembre de 2013

FOTOS DO DÍA DAS BIBILIOTECAS

O día 25 de outubro, con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, visitounos Anxo Moure.
Tal como prometín, aquí tedes as fotos deste divertido e ecolóxico día!!!


lunes, 4 de noviembre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: KIKASUPERBRUXA E OS PIRATAS


Nesta semana que entra imos comezar coas aventuras dunha nena chamada Kika que é bruxa... Conocédela? Si!!!!! É Kika Superbruxa; con ela viveremos unha grande aventura con piratas, viaxes no tempo, disfraces, mensaxes nunha botella e nós de mariñeiro!
Animádevos a lelo!!!!!!!!!!

KIKASUPERBRUXA E OS PIRATAS
Autor: Knister (Ludger Jochmann)
Editorial: Bruño
(de 8 a 10 anos)
Sinopse: Nesta aventura, Kika trasládase por arte de maxia a un vello barco pirata. Alí terá que enfrontarse co temible capitán Meixela Peluda e coa súa tripulación. Quen vencerá?

                                                      Mirade este vídeo...

viernes, 1 de noviembre de 2013

24.ª FRASE CÉLEBRE

George R. R. Martin, escritor e guionista americano, creador da serie de novelas que se adaptaron á televisión co nome "Juego de Tronos", é o autor da frase célebre desta semana.

A practicar inglés!