lunes, 5 de febrero de 2024

FEBREIRO

 Damos a benvida ao mes de febreiro coa festa do Entroido e a conmemoración do día de Rosalía de Castro. 



martes, 16 de enero de 2024

Recomendación lectora

 Para comezar o ano, Iván quere facer unha recomendación lectora que xa é un clásico. 
Tamén comenta que esta edición ten algunhas erratas. A ver se alguén máis as atopa... 

          



domingo, 3 de diciembre de 2023

domingo, 26 de noviembre de 2023

Novidades

Os voluntarios  e voluntarias da biblioteca traballan para que todo estea  no seu sitio e poidades atopar facilmente as novidades que chegan.







Día contra a violencia de xénero





 Olaaaa!

Comezamos este ano coas actividades do Día contra a violencia de xénero. Fixemos un abecedario coas palabras que curan e contra a violencia e limos un manifesto contra esta lacra que afecta a tantas mulleres cada ano. 


Clica para escoitar o manifesto


https://drive.google.com/file/d/1ATm5Ou3UVHxmtXl4gr3ebMy4dgrR2gkZ/view?usp=drivesdk




 












 


sábado, 12 de noviembre de 2022

Consello das Nenas e Nenos

 Un ano máis comezamos as reunións do Consello das Nenas e Nenos. Nesta primeira reunión fixemos a constitución  do Consello  con representantes elixidos polos seus compañeiros de clase. Queremos presentar os ao Consello deste ano que vai ter moiiitoooo traballo! 




Coñecendo o noso entorno

 O alumnado de EI fixo unha saída polo entorno  do colexio para buscar tesouros do outono e voltamos coa cesta chea. 











viernes, 4 de noviembre de 2022

Museo do Mar

Visitamos o Museo do Mar co alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Vimos o Acuario coas especies da Ria de Vigo e fixemos un obradoiro sobre o que podemos atopar nas praias. O que máis lles gostou foron as quenllas do acuario!




viernes, 28 de octubre de 2022

MAGOSTO

 Que festa tivemos hoxe no cole! Fixemos un montón de cousas divertidas: xogos , comimos castañas e chourizos e…. Para fin de festa : a ANPA trouxo a Javi SOLLA e pasámolo xenial! 




Trick Or treat

 Ola, o xoves tivemos unha sorpresa na entrada e o alumnado de primaria tivo que atravesar un túnel do terror . Foron un montón de risas!! Despois a profe Lorena fixo os retos do Halloween en inglés e conseguimos golosinas. Pasámolo de medo!!




E houbo  un montón de disfraces arrepiantes!











miércoles, 26 de octubre de 2022

SAMAIN

  Despois de dous anos moi duros, este ano quixemos celebrar o Samaín dun  xeito especial . Hoxe tivemos un montón de obradoiros terroríficos e moi divertidos:

Maquillaxe arrepiante

Cociña de medo

Pócimas maxicas

Decoración de cestas

Nos vídeos podedes ver como foi a mañá 👻👻👻👻👻👻👻





Dia das bibliotecas 24 de outubro


Ola de novo! Comezamos este ano o blog coa celebración do noso día e a visita de Raquel Queizás que nos contou un montón de lendas da nosa terra.









 

miércoles, 22 de junio de 2022

Festa FIn de Curso

Un ano máis chegamos ao final do curso, día de despedidas e de emocións. Este ano queremos dar as grazas a nosa ANPA , A ROMAÍÑA, pola gran festa de despedida que organizou hoxe para todo o alumnado con obradoiros, xogos, bailes, hinchables, merenda, larpeiradas e …. moita diversión . Esta festa ė o remate dun ano de gran traballo  e de colaboración en moitas das celebracións  do colexio. Bo verán para toda a comunidade educativa e ……vémonos en setembro!